O voceiro do BNG en María Pita participou no serán do 16 de xuño nunha concentración veciñal en protesta polo anuncio de peche dunha oficina de Abanca no barrio do Castrillón. A mobilización tivo lugar na Praza da Concordia, fronte á sucursal. Durante o seu transcurso Francisco Jorquera anunciou que levará o asunto ao próximo Pleno ordinario do Concello, a se realizar o xoves 2 de xullo. O Goberno Local debe presionar politicamente para que a entidade financeira, no seu tempo rescatada con cuantiosos fondos públicos, reconsidere a súa decisión.
Novas
Jorquera pídelle ao Goberno Local que actúe para evitar o peche da oficina de Abanca no Castrillón
17 de xuño de 2020 (15:46 h.)