No primeiro Pleno ordinario do mandato 2023-2027, o concelleiro David Soto defendeu unha moción en virtude da cal o BNG propón a elaboración desde o Concello dun Plan Local de Saúde Pública como ferramenta para frear o aumento das drogadiccións na nosa cidade.
Un plan que, remarcou Soto, leve a cabo unha investigación extensa e empírica das actitudes fronte o consumo, do coñecemento dos riscos e dos hábitos de consumo na nosa cidade; un plan que sirva para mellorar o traballo de prevención; un plan que garanta un tratamento eficaz, "financiando con suficiencia ás entidades que levan a cabo ese labor arduo, mais tamén necesario e profundamente humano de rehabilitar a quen ten unha enfermidade estigmatizante".
A iniciativa foi aprobada por unanimidade.