Novas

O BNG asina co Goberno Local o acordo que garante uns bos orzamentos para A Coruña

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, e a alcaldesa Inés Rey asinaron, no salón vermello do Pazo de María Pita, o acordo que vai permitir que a cidade teña en 2026 uns orzamentos que dan resposta ás necesidades das coruñesas e os coruñeses e que permiten recuperar as garantías de control democrático perdidas nas contas de 2025.
O BNG asina co Goberno Local o acordo que garante uns bos orzamentos para A Coruña