Novas
Unha iniciativa para vixiar se en Santo Amaro fican restos do patrimonio histórico e arqueolóxico
A concelleira do BNG Avia Veira vai levar ao Pleno unha iniciativa para que nas obras de urbanización de Santo Amaro se vixíe se existen restos do patrimonio histórico e arqueolóxico dunha área da cidade na que en tempos houbo un castelo, unha fonte e unha capela.