Novas
Jorquera alerta o Goberno Local sobre unha vertedura de fecais perto da Praia de Santo Amaro e pídelle medidas inmediatas para lle pór fin
10/xul./2025
Por medio dun rogo e dunha pregunta por escrito, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, alerta o Goberno Local sobre unha vertedura de augas fecais no Paseo Marítimo, á altura das oficinas do cemiterio de Santo Amaro, e pídelle que adopte medidas inmediatas para lle pór fin.