Novas
Ante o expediente aberto pola Inspección de Traballo, o BNG urxe o Goberno Local a que elabore o Plan de Igualdade
14/out./2021
Ante o expediente aberto pola Inspección de Traballo ao Concello por este carecer dun Plan de Igualdade vixente –o anterior caducou no segundo trimestre de 2019-, a concelleira do BNG Avia Veira pídelle ao Goberno Local que se poña mans á obra e dote a administración municipal dese programa.