Novas
Veira insta o Goberno Local a que licite canto antes o Parque do Vixía, proxecto para o cal hai unha partida de 1,2 millóns
01/xul./2024
A concelleira do BNG Avia Veira vai defender no Pleno deste xoves 3X unha moción por medio do cal insta o Goberno Local a que licite canto antes o proxecto do Parque do Vixía, que se convertería unha zona verde en Monte Alto para a que xa hai unha partida nos orzamentos de 2024 por un valor de 1,2 millóns de euros.