Orzamentos xerais do Estado para 2023
Novas
RDP

Máis de 30 emendas ás contas do Estado para asignar 260 millóns á cidade da Coruña e á súa comarca

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o portavoz municipal e candidato  nacionalista á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, presentaron este venres as máis de 30 emendas rexistradas aos Orzamentos do Estado de 2023 para a comarca e a cidade da Coruña por un montante total de máis de 260 millóns de euros. A formación nacionalista focalizará a negociación no incremento dos investimentos en materia de infraestruturas -sobre todo en materia ferroviaria coa modernización de liñas e a implantación dos cercanías- e servizos. Así mesmo, demandan a implicación do Goberno na reforma de instalacións e edificios de titularidade estatal para impulsar A Coruña e dotala de máis e mellores servizos.

Ler novas