Deslocalizacións
Novas
Néstor Rego conferencia de prensa no Congreso

Levamos ao Congreso a ameaza de deslocalización do servizo de atención telefónica da antiga Unión Fenosa

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para evitar a deslocalización do servizo de atención telefónica ao cliente de Unión Fenosa Distribución na Coruña, por parte da empresa Teleperformance, e garantir a continuidade dos postos de traballo. A formación nacionalista defende realizar as mudanzas necesarias para blindar o servizo de atención ás persoas consumidoras, tamén para aquelas que queiran ser atendidas en galego. Propón que se condicione o acceso das empresas eléctricas a fondos públicos e a novas autorizacións de xeración a que a súa actividade económica resulte de maneira positiva no territorio creando postos de traballo estábeis.
Ler novas