Novas
#ACoruñaNonSeVende, un clamor imposíbel de desouvir
30/maio/2021
Foron por volta de 3.500 persoas as que este domingo, protagonizaron unha manifestación masiva polas rúas da cidade, máis multitudinaria se cabe se temos en conta que aínda continuamos en pandemia. Foi un clamor imposíbel de desouvir, un berro colectivo en defensa do porto da Coruña, que é tanto como dicir en defensa do corazón da cidade. Estivo Ana Pontón -acompañada polo noso portavoz no Congreso, Néstor Rego- e non estivo, en rechamante contraste, Inés Rey. "Non podemos conformarnos cunha moratoria da débeda. A cidadanía quere a condonación", díxolle aos medios Francisco Jorquera. "Por que a Valéncia si se lle perdoa a débeda e A Coruña, non?", perguntou a voceira nacional.