Confraría de Pescadores e Mariscadores
Novas
WhatsApp Image 2025-04-21 at 12.49.05

Basta de escusas: axudas xa para o colectivo de mariscadores da Ría do Burgo

O BNG vén de denunciar con firmeza a irresponsabilidade do Goberno do Estado, así como da Xunta de Galiza, na situación insostíbel que están a vivir as mariscadoras e mariscadores da Ría do Burgo, que levan desde abril de 2024 sen recibir compensación económica algunha malia non poder retomar a súa actividade profesional. O deputado do BNG non Congreso, Néstor Rego, exíxelle o Goberno do Estado pór fin a esta situación de inxustiza e desamparo e pagar de inmediato as compensacións económicas até que poidan volver traballar.
Ler novas