axuda-a-domicilio
Novas
Un dos momentos da reunión celebrada coas traballadoras que están no SAD I

O contrato do SAD I caducou este verán e non existen prazos para a nova licitación

Presentaremos en pleno unha iniciativa para que o Goberno municipal da Marea aclare para cando pensa ofertar o Servizo de Atención a Domicilio Lote 1

Mantivemos esta mañá unha reunión coa representación de persoal da empresa que está desenvolvendo até o de agora este servizo

As traballadoras e os traballadores do servicio e as persoas que son atendidas diariamente están nunha clara situación de incerteza na actualidade: o contrato rematou este verán e ninguén lles aclarou, desde a empresa ou desde o Executivo local, como se vai resolver a nova licitación. Por riba, o Concello deberá pagar baixo factura o mantemento da prestación mentres non se asine o novo contrato. A desastrosa xestión deste lote do SAD únese a outros precedentes doutros servizos que foron caducando sen que desde o Goberno se procedese a preparar con tempo a nova licitación. Isto é intolerábel

Ler novas
Novas
Avia Veira e representantes das traballadoras e traballadores de Clece SA falando mentres se producía unha protesta diante do Concello

A empresa Clece SA ademais de explotador ao seu cadro de persoal recorre decisións do Pleno do Concello da Coruña

Non deixaremos de defender os intereses das traballadoras e traballadores que se atopen en situación de explotación laboral e vulneración dos seus dereitos. Onde faga falla e contra quen faga falla. Temos ben claro que a nós non se nos amedrenta e temos ben claro a quen temos que defender

Xa anunciamos o noso voto a favor na comparecencia do Concello da Coruña no recurso promovido por Clece SA contra o acordo do Pleno onde se aprobou a moción do BNG de apoio ao cadro de persoal desta empresa que hoxe en día presta o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD III)

Ler novas
Novas
Un dos momentos da reunión que mantivemos coas representante4s do cadro de persoal de Clece

Solicitamos mediante unha moción o rexeitamento das prácticas laborais de Clece e non prorrogarlle contratos co Concello

Levamos este luns a Pleno a situación das traballadoras da empresa Clece SA que presta o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD III)

Como resultado da reunión que mantivemos esta semana cunha representación do cadro de persoal desta empresa, solicitamos a través dunha moción que o Pleno amose o seu rexeitamento das prácticas laborais de Clece no desenvolvemento do contrato de xestión que ten na actualidade co Concello da Coruña

A nosa solicitude inclúe instar o Goberno local a que proceda a iniciar os trámites para propoñer a declaración de Clece SA como empresa en situación de prohibición para contratar co Sector Público e que non prorrogue a duración do contrato, que está próximo a rematar, e que saque a concurso de novo o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD III) cuns pregos que garantan os dereitos laborais para as máis de 230 persoas que traballan nel

Ler novas