UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA PARA O PLENO DO 2M
A praga de ratas na Travesía da Gaiteira obriga a actuar
Veciñas e veciños da Travesía da Gaiteira teñen alertado sobre a existencia nesa zona da cidade dunha praga de ratas.
23 abr. 2024 - 14:30
É por iso que o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral para a súa lectura no Pleno do vindeiro xoves 2M por medio do cal insta o Goberno Local a que no prazo máis curto de tempo posíbel se leven a cabo labores de desratización.
As demandas veciñais vehiculizounas a Asociación Veciñal Oza-A Gaiteira-Os Castros, entidade que presentou no rexistro do Concello un escrito para lle demandar ao Goberno Local que se adoptasen medidas para pór fin á praga.