Novas
Apoio unánime do Parlamento á iniciativa do BNG sobre a falta de ventilación nas aulas do Conservatorio
29/dec./2020
O BNG vén de acadar a unanimidade do Parlamento galego para instar á Xunta a solucionar os problemas que afectan á comunidade educativa do Conservatorio Superior de Música da Coruña e, en consecuencia, a realizar as obras necesarias para garantir a correcta ventilación e seguridade do centro.