Novas
Luz verde á moción do BNG, acordada con Marea e PP, para a renegociación do acordo sobre o cárcere
O Pleno de xaneiro aprobou a moción do BNG, cun texto transaccionado polo grupo nacionalista con PP e a Marea Atlántica, coa que se insta o Goberno Local a que renegocie co Estado sobre o antigo cárcere, de modo a lograr a reversión gratuíta ao Concello deste inmóbel unha vez que sexa restaurado polo seu actual titular, a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios (SIEPSE), un organismo dependente do Ministerio de Interior.